Xornada sobre a protección do patrimonio marítimo
Este mércores 11 de decembro, organizamos a bordo do barco histórico de vapor “Hidria Segundo” unha xornada na que diferentes profesionais explicarán e debatirán sobre as fórmulas de protección, dos planes de recuperación, do rexistro español de buques históricos e do Plan da Cultura Marítima de Galicia. Unha gran iniciativa estratéxica que busca preservar, investigar e promocionar o grande patrimonio marítimo galego.
Os poñentes serán Óscar Fuertes (Director do Plan da Cultura Marítima), Fran del Buey (presidente da fundación Terrum e avogado especialista en dereito marítimo), Ramón Collazo (presidente de Agalcari) e Víctor Fernández (presindete de Cabo de Mar e expresidente de Culturmar).
A xornada comezará ás 10h coa apertura institucional.
De 10.15 a 12h poñencias.
12 a 12.30 descanso e café
12.30 a 13.30 debate e mesa redonda.
A inscripción é de balde, pero as prazas son limitadas polo que é necesario enviar correo a info@fundaciontraslatio.org